Roberto Nóvoa Santos con todos os seus perfís, do investigador de vangarda ao machista recalcitrante. Así retrata Xosé Fraga o médico coruñés en Xenio indomable. Roberto Nóvoa Santos, unha biografía na que profunda na súa vida e obra desde a distancia crítica, na procura dunha explicación razoada das claves desta figura. O director do Álbum da Ciencia e presidente do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses presenta estas semanas a súa ollada persoal a un home que, malia o papel que xogou na ciencia galega e estatal da primeira metade do século XX, ficou en boa medida no esquecemento, lamenta. O volume foi prologado polo escritor Manuel Rivas.
O libro concibiuse a raíz da biografía de Roberto Nóvoa Santos (1885-1933) que Xosé Fraga escribiu para o Álbum da Ciencia. Nesta tarefa contou coa colaboración do doutor Carlos García Guitián. Ambos os colegas, a suxestión do cardiólogo Alfonso Castro Beiras, planearon daquela seguir a profundar no persoeiro e dedicarlle unha biografía máis completa. O proxecto quedou aparcado por compromisos diversos dos dous, ata que finalmente Xosé Fraga puido retomalo en solitario e afondar nun personaxe que cada vez lle interesaba máis.
A tarefa non foi sinxela. "Os escritos persoais de Nóvoa Santos desapareceron. Tiven que espremer ao máximo as poucas notas e correspondencia ás que tiven acceso", conta o biógrafo, que agradece especialmente ter podido consultar o fondo documental do tamén médico Domingo García-Sabell. O doutor compostelán foi un dos poucos autores que profundaron con anterioridade na vida e obra de Nóvoa Santos, "todos eles, coma min, freelance da investigación", salienta Xosé Fraga, que bota en falta que o mundo académico non lle prestase ata o momento a atención que ao seu xuízo merece.
Xosé Fraga considera que Roberto Nóvoa Santos é probablemente "o médico máis importante que deu Galicia". "É a miña opinión, e tamén a de moitos especialistas. A carón del poden estar o cirurxián Ángel Baltar ou de Gil Casares, pero coido que Nóvoa Santos está un punto por riba, porque foi un médico moi completo: destacou na atención aos doentes, na investigación e na docencia. Conectou desde Galicia a investigación médica coa ciencia de vangarda europea. Estaba ao mesmo nivel ca Gregorio Marañón, Teófilo Hernando ou Juan Madinabeitia. En 1928 marchou para Madrid, pero daquela xa era unha referencia estatal e o seu Manual de Patología General foi un referente durante décadas nas aulas de Medicina de España e Latinoamérica", detalla.
A biografía de Nóvoa Santos permite tamén afondar na realidade da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela das primeiras décadas do século XX e no empeño que puxo en consolidar un proxecto de futuro para este centro. O profesor, que completou a súa formación en Alemaña e Francia, conseguiu ser catedrático con só 31 anos e dirixiu durante un lustro a revista Galicia Médica, "algo inédito na universidade galega", pero a hostilidade que atoparía na facultade e en parte da sociedade compostelá animouno a opositar a unha cátedra na Universidade Central de Madrid, onde se estableceu en 1928.
Parte das presións que sufriu en Compostela procederon dos sectores máis conservadores, críticos cun "intelectual moderno, que arriscaba interpretando os temas do seu tempo". Pero en cuestións como a emancipación da muller Nóvoa Santos adoptou unha postura reaccionaria, intentando valerse da ciencia para xustificar a desigualdade de xénero. Estas ideas plasmounas en dúas obras, La indigencia espiritual del sexo femenino. Las pruebas anatómicas, fisiológicas y psicológicas de la pobreza mental de la mujer. Su explicación biológica (1908) e La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929) nas que tamén se detén a biografía. "Nóvoa Santos foi un home singular, pero tamén machista. Cómpre dicilo, pero hai que situalo no contexto da época, cando era un pensamento xeral. Gregorio Marañón tamén sostiña que as mulleres non estaban feitas para a actividade intelectual, o que pasa é que Nóvoa Santos o dixo dun xeito moito máis descarado".