Paco Rabal participa na curtametraxe que se está a rodar na cidade herculina

¡Atención Coruña, ródase!

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A verdade sinnonminto, curtametraxe de Pablo Iglesias e Álex Castro, rodarase na Coruña este venres, o luns e o martes. Trátase dun filme enteiramente galego rodado en formato dixital que gravará entrevistas ós actores en diferentes localizacións da cidade. Entre os actores que participan na producción están Paco Rabal, Asunción Balaguer e Serxio Pazos entre outros.

Sinopse

A verdade sinnominto conta, en formato documental, unha historia ficticia. A curta fala da vida de Eduardo Ascón, un suposto químico que inventou unhas pilulas para provocar a amnesia sobre aquelas cousas que quixeramos esquecer. A curta fai un repaso a xeito de entrevistas sobre aquelas persoas que compartiron momentos con Ascón.


Experimentación

A curtametraxe ten unha grande dose de experimentación, tanto no que corresponde a imaxe e son coma no guión. A organización a base de entrevistas que aportarán datos contradictorios sobre a vida do protagonista. A intención é que cada espectador reconstrua el mesmo a historia como lle pareza, dependendo do testimonio que prefira crer.


Formato

Logo da rodaxe, en formato betacam dixital, o filme pasará por Italia para facer unha versión en cinemascope para a súa exposición en salas comerciais. Logo de tratar o son en Madrid.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade Herculina, A Coruña, Documental, Guión...