Comeza o IV Festival de Títeres de Redondela, que se consolida como unha cita internacional para este xénero

Redondela baixo os fíos (IV)

19/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Quince compañías para unha semana de espectáculo. Redondela celebra a IV edición do seu Festival Internacional de Títeres reunindo grupos galegos, cataláns, valencianos, andaluces, ingleses, checos, franceses ou italianos. Un orzamento de máis de 50.000 euros confirma este festival como unha cita ineludible para os afeccionados aos monicreques. Como curiosidade, os que se acheguen a vila os días 24 e 25 poderán ver na Alameda o único teatro de autómatas que aínda funciona no mundo.

Máis información en La Voz de Galicia e no suplemento “El Sábado” do Faro de Vigo; a terceira edición do festival en culturagalega.org; o noso especial sobre a segunda edición

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Culturagalega, Vigo, Xénero...