Redrum Teatro pon sobre as táboas a violencia de xénero en 'Invisibles'

A obra coproducida co CDG e o Concello de Pontevedra estréase este xoves

A partires da novela homónima de Montse Fajardo (Vilagarcía, 1973), a compañía Redrum Teatro presenta esta semana Invisibles, unha montaxe preparada en coprodución coa Concellería de Igualdade de Pontevedra e o Centro Dramático Galego. En Invisibles, Marián Bañobre dirixe a Nieves Rodríguez, Mela Casal e Sheyla Fariña `presentando ante o público diversas historias baseadas en situación reais que teñen como fío común a violencia de xénero. O espectáculo fai hoxe unha pre-estrea en catoria e será o vindeiro xoves 15 cando se estreará oficialmente no Teatro Principal de Pontevedra. Invisibles, é unha obra que pretende ir contra o seu título e facer visibles aos agresores de malos tratos sobre mulleres para concienciar e sensibilizar sobre esta lacra social. As súas tres protagonistas representan a tres mulleres lonxe de tópicos, mulleres sobre-expostas como vítimas, mentres que son os agresores os que son invisibles, agochados pola propia sociedade. A obra poderá verse despois en Viana do Bolo, Milladoiro e Vilagarcía durante o resto do mes.