Xoán Curiel e A banda do verán invitan a entrar en 'A casa do terror' aos máis cativos

O novo libro-disco entra nestes días de Samaín nas librarías

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaLiteratura
Compartir:
Xoán Curiel e A banda do verán invitan a entrar en 'A casa do terror' aos máis cativos

O músico Xoán Curiel ponlle música ao terror máis divertido para crianzas no seu novo libro-disco A casa do terror publicado na colección Sonárbore de Editorial Galaxia. Acompañado dun grupo de seis músicos que conforman A Banda do verán e moitas colaboracións puntuais de outros en temas concretos e nos coros o disco gravado en Gourmet Sound Estudios ofrece doce temas autoría de Curiel que repasan algúns dos tópicos do terror sempre en clave de risa e alegría. Curiel e A Banda do Verán achegan á rapazada unha visión sobre personaxes como o lobo, as pantasmas, o mostro da lavadora e outras mostrosidades moi divertidas que habitan nesa Casa do terror na que un ata lamenta que remate a noite e veña o día. As ilustracións de Iria Fafián axudan a recrear o imaxinario sonoro, tan axeitado para un Samaín.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoán Curiel, Iria Fafián, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades