O teatro chora a perda temperá do dramaturgo, director e intérprete Gustavo Pernas Cora (Viveiro, 1959), que faleceu onte na Coruña. A través de redes sociais e comunicados foron numerosas as persoas, empresas e institucións que forman parte da familia teatral galega que lamentaron esta perda dun home que todos coinciden en recoñecer como un referente indispensable para entender o teatro contemporáneo en Galicia e na súa profesionalización. Tanto desde o Centro Dramático Galego e AGADIC como desde as asociacións Escena Galega, a AELG e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitíronse notas expresando sentir pola perda e dando a valer a figura e a obra de Pernas Cora. Hoxe ás 20:30 terá lugar un acto de despedida no tanatorio Albia da Coruña.
Gustavo Pernas Cora fixo os estudos de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e Arte Dramática en Madrid. Exerceu a docencia na Escola de Imaxe e Son da Coruña e na Universidade da Coruña en materias vencelladas ao oficio da interpretación, tanto na vertente audiovisual coma na teatral. A súa carreira profesional na escena principiou a mediados dos anos oitenta. En 1989, fundou xunto a Anxela G. Abalo Ancora Producións, compañía de teatro coa que levou a escena os seus propios textos. Desde a AAAG lembran tamén que no andel de Gustavo Pernas acumuláronse premios e recoñecementos ao longo da súa traxectoria profesional como os Premio Max das Artes Escénicas no 2006 por Paso de cebra, galardón que repetiría un ano despois con Final de Película. A súa ampla obra dramática inclúe textos como O galego, a mulata e o negro, editada por Tris Tram, galardoada en 1991 co Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático. Cinco anos despois, en 1996, Pernas Cora levou o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal por Ladraremos. No ano 2001, Gustavo Pernas gañou co texto Footing o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña, certame que gañaría tamén en 2005 co texto Final de película. Como dramaturgo, escribiu un gran número de pezas, entre as que se poden destacar Paso de cebra, Medidas Preventivas, Taras Mínimas, Colgados, Pisados ou Isóbaras, título polo que acadou o Premio Álvaro Cunqueiro no 2012. Ademais destas distincións Gustavo Pernas acadou o Premio AELG de Teatro no 2007 por Medidas preventivas.
O teatro como compromiso
A AAAG lamenta o falecemento de Gustavo Pernas Cora. Referente do noso teatro, cunha ampla e recoñecida obra dramática, Gustavo Pernas ergueu palabras nos escenarios do país. Para o noso sector, é e sempre será exemplo de como ser pioneiro e de como abrir camiños tanto na escrita de textos teatrais coma na produción escénica. Lembrarémolo sempre como actor e dramaturgo. Nunca o esqueceremos como compañeiro, sinala a Xunta Directiva da AAAG, quen lembra nestes momentos as palabras do propio Pernas no Manifesto Galego do Teatro que redactou e leu na Gala dos María Casares de 2009: O teatro é compromiso, nunca un acto de partido. Xogamos coa mentira para alumear a verdade. Mirar cara a fóra, mergullar nos sumidoiros, petar nos muros de Gaza ou nos suburbios das nosas vilas. O teatro é un laboratorio de conflitos onde se ensaian vacinas contra a angustia de vivir. Dá a luz, dá vida. É o único espazo onde homes e mulleres paren e nacen outros do seu corpo.