Eli Ríos faise do Premio González Garcés de Poesía

Silvia Penas quedou finalista no certame que convoca a Deputación da Coruña

O XIX Premio Miguel González Garcés de Poesía foi para Eli Ríos polo seu poemario Ningunha tortilla é mala. O xurado daba a coñecer o seu fallo, no que tamén declarou como finalista a Silvia Penas Estévez por Subministros. A gañadora levará un galardón de 6.500 euros e verá a súa obra publicada pola Deputación da Coruña, entidade que convoca o galardón.

O xurado estivo composto por Vicente Araguas, Emma Pedreira, Xosé María Álvarez Cáccamo, Rafa Vilar e Lorena Conde, gañadora da edición anterior. Presidiu Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsable da área Cultura da Deputación da Coruña, coa xefa de sección, Mercedes Fernández Albalat como secretaria.