Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega

Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora

Yolanda Castaño con <i>O puño e a letra</i>. Foto do Facebook da autora.
Yolanda Castaño con O puño e a letra. Foto do Facebook da autora.
Unha selección de corenta poemas de Yolanda Castaño interpretados por outros tantos autores galegos de banda deseñada. Esta é a proposta de O puño e a letra, o novo lanzamento de Xerais que inaugura no noso país o xénero coñecido como Cómic Poetry e que celebra ademais 25 anos de carreira literaria da autora. A iniciativa conta con historias de Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio e Fernando Iglesias Kohell, e contou coa coordinación de Xulio Carballo. En total, un volume de 112 páxinas que chega ás librarías por 18 euros.