Milladoiro lánzase ao Atlántico no seu novo traballo

O histórico grupo incorpora tres novos membros nesta nova xeira

Dous anos despois do seu directo en Ortigueira, Milladoiro voltou aos estudios Cormorán para gravar doce novos temas. Co título Atlántico, a banda presenta un álbum de orientación nidiamente oceánica, con títulos que convidan a navegar "dende as brañas mariñás a Terranova, dende Ortega ao Támeses e o Gran Sol, o Mar cético, co gaiteiro na ponte do navío e as gaivotas a sinalar o rumbo". Aires mariñeiros perdominan en temas como Brañas mariñás, Abrente en Ortegal, Gaivota ou Mar antigo, e as conexións con outras ribeiras está presente en cancións como Sweet Thames Flows Softly, canda en inglés. A formación incorpora neste proxecto a Harry.C, Manuel Riveiro e Manú Conde, que actúa ademais como produtor do disco. Canda a eles, mantéñense Nando Casal, Xosé V. Ferreirós e Moncho García.