Logo de quedar como finalista na primeira xeira, a artista estoniana Tiiu Kitsik resultaba onte gañadora do II Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro. O Concello de Pontevedra e Gálix, Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, convocan este certame, no que se escolle o cartel para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra na cidade. O traballo de Tiiu Kitsik impúxose entre as 115 propostas presentadas desde 25 paÃses e reportaralle á autora un premio en metálico de 3.000 euros. O xurado destacou a "forza, positivismo e alegrÃa dunha imaxe que representa a infancia e a lectura como motor de todos os cambios e revolucións posibles". A artista pola súa banda sinalou que a súa imaxe "defende unha revolución que ten metaforicamente forma de libro" e quixo facer unha mención especial a Pontevedra, coa inclusión dunha ponte na ilustración.
O xurado do certame estivo composto por Carme Fouces, concelleira de Cultura, como presidenta con voz pero sen voto, Antonio Seijas, Alberto Ariza, Itziar Ezquieta, Belén G. Freijeiro, Eva Mejuto, e, como secretaria, Vanesa Estévez. Ademais da gañadora, seleccionaron doce obras finalistas que se exporán nunha exposición colectiva durante o Salón e protagonizarán un calendario.
A vindeira xeira do Salón celebrarase entre o 22 de marzo e o 12 de abril de 2019 baixo o lema A revolución e coa LusofonÃa como cultura convidada.