O xurado do Premio Mondoñedo10 2018 Teatro seleccionou esta fin de semana a obra Bonita de Vanesa Sotelo como gañadora deste certame. O galardón, que recoñece a obra como a máis destacada entre aquelas de literatura dramática editada nos últimos dez anos. O xurado destacou que o texto "revela unha voz dramática moi sólida caracterizada por un lirismo que entronca coa dramaturxia do mindoniense Álvaro Cunqueiro. O xurado destaca que a obra manifesta o valor testemuñal ao respecto das mulleres represaliadas ao longo da historia. Nun entrecruzamento de linguas e culturas, a partir da figura da cangaçeira brasileira, a autora crea un arquetipo universal da muller loitadora. A acción dramática está atravesada polos conceptos da identidade, a memoria e a ecoloxía como metáfora". O galardón, sen dotación económica, entregarase o vindeiro 21 de outubro no propio Concello de Mondoñedo.
O xurado estivo presidido por Antonio Reigosa, cronista de Mondoñedo, e contou con Olivia Rodríguez González, en representación da Real Academia Galega (RAG); Dolores Vilavedra Fernández, en representación do Consello da Cultura Galega; Afonso Becerra Arrojo, en representación da sección de literatura dramática da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG); Antonio Salgado Rodríguez, en representación da Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG); Tareixa Campo Domínguez, en representación da Asociación Galega de Editoras (AGE); Diego Vázquez Meizoso, en representación da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas Escena Galega; e Francisco Piñeiro González, en representación do concello de Mondoñedo. Exerceu a secretaria do xurado por designación da organización o mindoniense Fran Bouso.
A elección realizouse entre un total de once obras que os membro do xurado seleccionaron como as máis destacadas da última década.
Listaxe de finalistas do Premio Mondoñedo10 Teatro
Onde andas Karl?, de Rubén Ruibal, Embora, 2009
Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo, Xerais, 2010
As do peixe, de Candido Pazó, Contraproducións, 2013
Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa, Xerais, 2009
Eroski Paraíso, de Chévere, Kalandraka 2016
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, Xerais, 2017
O refugallo, de Paula Carballeira, Xerais, 2013
Os cans non comprenden a Kandisnsky, de Avelina Pérez, Erregueté, Revista Galega de Teatro, nº 91, 2017.
Voaxa e carmín, de Esther F. Carrodeguas, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2016
Raclette, de Santiago Cortegoso, Xerais, 2015
Bonita, de Vanesa Sotelo, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, 2015.