
O proxecto continuará o dÃa 29 de novembro na Coruña, cunha sesión dedicada a Lingua e memoria. Xa no vindeiro ano, en Compostela abordarase a Transmisión non familiar lingua o 1 de marzo, mentres A Coruña acollerá o 12 de abril unha nova sesión centrada en Lingua e xéneros. O prazo de inscrición para estes encontros está xa aberto.
A iniciativa, orientada principalmente a persoas que traballan no ámbito da normalización e das polÃticas públicas, parte da base de que "o galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI", segundo explica a presentación do proxecto. "Para contribuÃr a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas Malas linguas, unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aÃ, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüÃstica do galego", sinala.