Monelle e Solar Walk triunfan no Festival Curtocircuito 2018

Uluru, de Alberte Pagán, gañou o premio Galiza

8/10/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O filme Monelle do italiano Diego Marcon recibiu o premio Explora e o do xurado novo durante a gala de Curtocircuito 2018 celebrada onte en Santiago de Compostela. A obra Solar walk, da directora húngara réka Bucsi, fíxose coa outra categoría da sección oficial, o Radar. No caso do premio Galiza, foi Alberte Pagán, con Uluru, o gañador, e na sección Penínsulas o galardón foi para Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho. O público do festival escolleu tamén premiar un filme participante nesta sección de cine estatal entre todas as películas candidatas. A película gañadora foi 592 metroz goiti, de Maddi Barber, na que se retrata o territorio transformado pola construción dunha presa en Itoiz, no Pirineo navarro.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberte Pagán, Cine, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos