Unha obra ilustrada por Víctor Rivas entra na listaxe White Ravens

Apestoso tío Muffin está publicado por Anaya con texto de Pedro Mañas

A Internationale Jugendbibliothek de Munich acaba de facer pública a súa lista anual White Ravens, na que recolle dúascentas recomendacións de obras de Literatura Infantil e Xuvenil de todo o mundo. Dentro das propostas deste ano atopamos entre as seleccionadas unha obra con selo galego. O vigués Víctor Rivas ilustra Apestoso tío Muffin, unha das cinco obras seleccionadas da produción a nivel estatal. O volume, con textos de Pedro Mañas, foi editado por Anaya e recibira xa o XV Premio de Literatura Infantil e Xuvenil desta edditora.