O RAG presenta o Simposio María Victoria Moreno

Fechará os días 27 e 28 de novembro o ano de homenaxes á autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O RAG presenta o Simposio María Victoria Moreno

As académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre coordinan o Simposio María Victoria Moreno, co que a RAG fechará as celebracións sobre a autora homenaxeada co Día das Letras este ano. Un total de dezaseis voces profundarán na vida e obra desta pioneira da literatura infantil e xuvenil durante as tardes dos vindeiros 27 e 28 de novembro. A primeira das xornadas centrarase na obra literaria desta autora, con intervencións a cargo de Blanca Ana Roig Rechou, Antonio García Teijeiro, Mercedes Queixas, Isabel Soto e Andrés Torres Queiruga ademais dun recital poético como feche da sesión.

O segundo día será a quenda de abordar a biografía e o activismo cultural da homenaxeada da man de Xavier Senín, Manuel Bragado, Fina Casalderrey, Isabel Mociño e Montse Pena Presas. Xesús Alonso Montero impartirá a conferencia de clausura, trala que se proxectará unha selección de vídeos escolares realizados arredor de Moreno.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Fina Casalderrey, Mercedes Queixas, Andrés Torres Queiruga...