Por segunda vez, Xurxo Alonso declarouse vencedor do Premio de PoesÃa Avelina Valladares, na vixésimo segunda edición do certame que convoca o Concello da Estrada. O autor impúxose coa súa obra No interior do vento nesta cita, que xa gañara no ano 2000 con Dime, AlexandrÃa. Guadalupe Porto, Neves Soutelo, RosalÃa Morlán e David Otero, con Dolores Araújo como secretaria, foron os membros do xurado, quen destacou que "se trata dun poemario cun interesante uso da linguaxe onde a explosión expresiva persegue a coherencia. HarmonÃa a diferentes ritmos onde a singularidade motiva a construción comprensiva dende a diversidade temática dos poemas e na que os versos demandan a complicidade lectora. En resumo, un vento con contido para que a lectora e o lector sexan quen de lle dar a forma precisa". O galardón, ao que se presentou unha ducia de traballos, está dotado con 2.000 euros de premio.