A librería compostelá Komic celebra o seu quince aniversario cunha exposición de Mauro Entrialgo

Un Komic de Entrialgo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Komic, a librería especializada en banda deseñada sita na compostelá rúa de San Pedro de Mezonzo, cumpre quince anos. Para celebralo, este venres, 16 de maio, inaugúrase na Sala Nasa (San Lourenzo 51-53, Santiago de Compostela) unha exposición de Mauro Entrialgo. Consiste nun mural e unha selección de trinta portadas de discos, seleccionadas de todas as que deseñou nos últimos vinte anos. O afamado autor estará presente no acto, que comezará ás 20:30 h.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Pedro, Banda deseñada, La Voz de Galicia, Sala Nasa...