Este ano cúmprense sesenta anos do exilio de Bibiano Osorio Teffal, o que fora o primeiro alcalde de Pontevedra elexido de xeito democrático. Por este motivo o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo organizan un Congreso que se desenvolverá do 25 ó 27 deste mes co que pretenden restaurar a memoria dun momento da nosa historia.
"Restaurar a memoria"
"Restaurar a memoria dos centros de demócratas galegos exiliados" é, segundo Xosé Henrique Acuña xornalista de A Nosa Terra un dos obxectivos do congreso que do 25 ó 27 deste mes se celebrará no Pazo de Congresos de Pontevedra. Un congreso que organiza o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, coordinado por Xosé Henrique Acuña, Luis DomÃnguez Castro e Xosé Abilleira, no que colabora a CIG Emigración ea Aula Castelao de FilosofÃa. O congreso parte da celebración do sesenta aniversario do desterro de Osorio Taffal, quen foi alcalde de Pontevedra logo dos primeiros comicios do ano 1932 (no que non habÃa sufraxio universal).
Programa e actividades paralelas
O congreso contará con máis de trinta ponentes que presentarán o contexto e a situación da emigración desta época. As xornadas abriranse cunha conferencia de Issac DÃaz Pardo sobre "Os meus amigos e amigas do exilio galego". Ademais, tamén haberá un sitio para "Mulleres exiliadas" a cargo de diferentes xornalistas e "Testemuñas do exilio para unha homenaxe". Ademais, xunto as propias ponencias do congreso, a organización tamén ten previsto a celebración doutra serie de actividades como a estrea en Galicia de "Vieiros" (1999) de Laura Gardos, a proxección de "Finisterre" (que Carlos Velo rodara no 36), ademais dunha exposición fotográfica titulada "HOmes e mulleres no exilio" coordinada por Lois Pérez. Ademais, o congreso rematará co concerto de Lioma.