Antón Lopo leva o XII Premio de Narrativa Breve Repsol con Extraordinario

O galardón está dotado con 12.000 euros a publicación da obra por Galaxia

"Unha novela sólida, atractiva e ben narrada, cunha riqueza temática que se complementa con recursos de tipo irónico e humorístico". Así definiu o xurado do XII Premio de Narrativa Breve Repsol Extraordinario, a obra coa Antón Lopo se impuxo neste galardón. A sede da Fundación Repsol na Coruña acolleu onte a presentación do premio, dotado con 12.000 euros e que inclúe a publicación da obra pola Editorial Galaxia.

No seu fallo, o xurado destacou "a particular riqueza léxica, así como os valores estilísticos relacionados coa sintaxe, que se visualiza a miúdo a través dunha puntuación orixinal". A obra aborda a cuestión dos coidados das persoas maiores e a complexidade das relacións familiares nunha narración en primeira persoa que se distribúe en noventa notas. Xoan Babarro, Carlos Lema, Eli Ríos, Dolores Vilavedra e o gañadora da anterior edición Xosé A. Neira Cruz, foron os responsables da selección do traballo gañador entre os 28 títulos que se presentaron ao certame.