A gala Unha lingua de premio incorpora os 17 premios literarios da provincia

Celebrarase o 26 de setembro

A Deputación de Pontevedra promove a gala 'Unha lingua de premio', que se celebrará o 26 de setembro no salón de Plenos provincial. A festa ten por obxectivo "poñer en valor o papel que os premios de literatura, xornalismo e investigación tiveron historicamente no mantemento e normalización da lingua galega", segundo sinalan desde o organismo provincial. Xa que logo, na festa serán homenaxeados 17 premios literarios convocados e fallados durante o 2017. A gala, dirixida pola escritora Ledicia Costas, quere tamén buscar a conexión entre "a literatura, a música, o deseño e a arte e o sector audiovisual". Tamén incluirá dúas homenaxes, un á traxectoria a favor da lingua do Festival de Poesía do Condado e outro a Manuel Bragado.