A investigadora especializada na figura de Rosalía Castro Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda falecía onte en Vigo aos 57 anos de idade. A estudosa era membro do padroado da fundación Rosalía de Castro e mais da Fundación Blanco-Amor e era colaboradora habitual de publicacións como o Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, revista galega de cultura, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Boletín da Real Academia Galega ou Festa da Palabra Silenciada. Os restos da falecida serán incinerados hoxe ás 18:45 no tanatorio de Pereiró, en Vigo, nunha ceremonia laica na que se desenvolverá tamén un acto cívico-literario na súa honra.