Baía Edicións facía público esta mañá o fallo do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil. O xurado acordou outorgarlle o galardón ex-aequo ás obras As voces da auga, de Ánxela Gracián e mais Auga e Lume, de Pere Tobaruela, que repartirán os 2.500 euros con que está dotado o galardón. O xurado, composto por Héctor Cajaraville, Andrea Maceiras, María Dores Fernández López, María do Pilar Campo Domínguez (Marica Campo), como Presidenta, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, destacou a alta calidade dos traballos presentados, dos que 21 chegaron á selección final.
Na acta, sinalan que "As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa". Pola súa banda, "en Auga e Lume destaca a axilidade da trama e a súa vinculación coa historia de Galiza e a habelencia na mestura entre novela de aventuras, de misterio e de amor". As dúas serán publicadas por Baía anteas de fin de ano.