Un libro e unha xoia con forma de sapo gañan o Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas

O galardón está dotado con 6.500 euros en cada modalidade

Peza gañadora do XII Premio Antonio Fraguas na categoría tradicional
Peza gañadora do XII Premio Antonio Fraguas na categoría tradicional
A xoia de praza Un sapo, unha muller, que realizou Carla Canedo impúxose no XII Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas que convoca a Deputación da Coruña, na categoría de artesanía tradicional. Na modalidade de creación contemporánea impúxose o libro E miraremo-las ondas. Once cantigas do mar de Vigo que elaboraron de xeito artesanal Rosa Fernández Iglesias e Mª del Carmen Villalva Caramés. O premio reportaralle ás gañadoras un premio de 6.500 euros por categoría e mais a adquisición de cada peza con un máximo de 10.000 euros. Pablo Carpinteiro, Lidia Neves Domínguez, Daniel López Abel, Elena Bangueses e Idioa Costa foron os membros do xurado, que contou con Goretti Sanmartín como presidenta e Mercedes Fernández-Albalat Ruiz como secretaria.