O concello de Viveiro convoca o I premio de novela Vilar Ponte

Está dotado con 4000 euros

O Concello de Viveiro convoca o I Premio de Novela Vilar Ponte co obxecto de "render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega". Os irmáns Vilar Ponte naceron en Viveiro e foron destacados activistas en prol da autonomía e a lingua de Galicia. O premio está dotado de 4.000 euros para o gañador e 1.000 eurosp ara o segundo clasificado. Temática e extensión da novela serán libres e as bases figurarán no web do concello de Viveiro.