Caudal Fest de Lugo pecha o cartel da súa primeira edición

Nos concertos de balde actuarán Viva Suecia e Rulo y la Contrabanda entre outros

O Caudal Fest de Lugo ven de pechar o seu cartel coas incorporacións par ao venres 21, de acceso aberto de balde. O novo festival lugués que fai a súa primeira edición contará na súa primeira xornada con Rulo y La Contrabanda e Viva Suecia como cabezas dio cartel no que tamén se confirman para o mesmo día as actuacións de Joe Crepúsculo e Igloo así como Andrés Suárez en acústico. Debido a alta afluencia de xente que se agarda acuda ao festival os organizadores decidiron pasar os concertos de balde tamén ao recinto do xardín do pazo de Feiras e Congreso en troques da Praza de Santa María onde se pensaba inicialmente. Ademais acondicionarase unha zona de descanso para acampada nas inmediacións do festival ante o cheo que se comprobou que se estaba a dar na hostalería lucense para os días do evento. O festival vendeu máis de 8.000 entradas para a súa xornada principal o sábado cuxo cartel xa se desvelou ao principio e que conta con Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez Novedades Carminha e Triángulo de amor bizarro, entre outros.

Ligazóns