As Torres Hejduk na Cidade da Cultura de Galicia veñen de converterse ata o 25 de novembro nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida ou transformada. Isto é posible grazas á intervención AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica), un proxecto entre o metafórico e o documental de Francisco Ramallo (Granada, 1974), gañador do Encontro de Artistas Novos 2017 da V Convocatoria de Intervencións ArtÃsticas nas Torres Hejduk. Coa colaboración de cinco artistas galegos emerxentes que participaron no EAN da pasada edición (Estela Barone, MatÃas Daporta, Leyre León, Mar Suárez e Andrea Torres), este doutor en Historia da Arte levou a cabo un labor de investigación, análise e posterior recompilación de testemuños sonoros sobre edificios agora desaparecidos ou cunha función radicalmente diferente a cando os entrevistados tiveron contacto con eles. En total, case medio cento de edificios, entre os que se atopan arquitecturas emblemáticas como o Edificio Castromil, en Santiago de Compostela, construÃdo en 1922 e derrubado en 1974; o Cine Zárate, de Mugardos (1926), agora en ruÃnas; os Multicines ABC, de Pontevedra; o Club Casino de Ortigueira; ou que marcaron unha época social para distintas xeracións como a Discoteca Zao, de Cambados. Deste xeito, conséguese unha memoria recuperada, composta por historias -construÃdas desde o afecto ou desde o anecdótico— que poden ser revividas e experimentadas por todas as persoas que se acheguen ás Torres Hejduk.