Un libro que inclúe un CD con entrevistas e poemas recitados polo propio autor é o xeito en que o Consello da Cultura Galega homenaxea a Avilés de Taramancos no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galega a este autor. Ademais deste libro, que se presentará mañá, o Consello tamén acollerá a presentación de Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992). Por outra banda, en Noia entregáronse os premios do II Certame Literario de Relato de Aventuras que leva o nome de Avilés. Os gañadores foron Francisco Antonio Vidal Blanco e Xosé Agrelo Hermo.
Máis información sobre os actos do Consello e sobre o premio Avilés de Taramancos en O Correo Galego








