Preto de 200 creadores danse cita nas Meninas de Canido

O barrio ferrolán acolle o seu encontro artístico desde hoxe ata o vindeiro 2 de setembro

Máis de douscentos creadores de arte urbana participarán, desde hoxe e ata o vindeiro domingo 2 de setembro, na nova edición das Meninas de Canido. O barrio ferrolán acolle un completo programa no que non faltan concertos, gastronomía, obradoiros ou exposicións, neste ano co apoio de Afundación que achega ao encontro o recoñecido fotógrafo Alberto García-Alix, que impartirá unha master-class e retratará o evento para unha posterior exposición. A nivel musical, estarán presentes Clarence Bekker, DJ Panko, Roger de Flor, Sergio Galego, Malditos Pendejos, Swinging Flamingos ou Baker Blues Band entre outros.