A organización do Chanfaina Lab deu a coñecer a listaxe completa de creadores e creadoras audiovisuais que pariciparán na quinta edición deste evento. Entre o 31 de agosto e o 2 de setembro un total de 27 cineastas filmarán San Sadurniño e os seus habitantes desde cadansúa perspectiva. Andrés Goteira, Margarita Ledo, Aser Álvarez, Abel Vega, as youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño -Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón, Consuelo Picos e Lucía Pita-, Adrián Canoura, Ángela Arnosa, Javier Seoane, Kevin Lorenzo, Bieito Beceiro, Catalina Rodríguez, Cibrán Tenreiro, Helena Girón, Fran Bermúdez, Iago Lourido, Irene Beceiro, Lucía Estevez, Mar Catarina, o triunvirato The Sun Girls -Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga López-, Natalia Fernández, Pablo Martínez, Rubén Domínguez, Samuel M. Delgado, Sebastián Rodríguez e Simone Saibene desensvolverán as súas gravacións, que serán retratadas polo fotógrafo Gabriel Tizón.
O programa inclúe ademais a presentación de diferentes traballos dos participantes, un obradoiro de son e outro de iluminación audiovisual e mais a proxección do premiado filme Dhogs.
O programa inclúe ademais a presentación de diferentes traballos dos participantes, un obradoiro de son e outro de iluminación audiovisual e mais a proxección do premiado filme Dhogs.