O certificado de defunción do Outono Fotográfico de Ourense emitiuse onte oficialmente malia que as advertencias xa viñan de antes e o máis antigo dos certames de fotografía da península recibiu sepultura con 35 edicións cumpridas. Na causa aducida da súa morte pon: 9.000 euros de menos. Pouco máis de cen metros separan o Liceo de Ourense do Concello da Cidade pero a xulgar polas posicións expostas nas dúas roldas de prensa case consecutivas que onte houbo en ambos sitios sobre o mesmo tema podería haber quilómetros de separación. Na primeira delas os organizadores do OF, Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves, comparecían para facer a confirmación forense da desaparición do evento neste ano. A equipa do certame fai recaer a responsabilidade absoluta desta desaparición no incumprimento económico do Concello de Ourense, en concreto sobre as concellarías de Cultura e de Xuventude, ao non entregar os 9.000 euros necesarios para a edición do catálogo do 2017.
Segundo eles "a historia do OF remata de forma non desexada e abrupta" debido a esta circunstancia, xa que esa colaboración económica corresponde a unha parte importante do seu pequeno orzamento anual de menos de 25.000 euros. Os organizadores saen agora a anunciar isto xa que "tras meses de absoluta opacidade informativa", segundo eles, foi nunha comunicación informal o pasado 24 de xullo cos responsables do Concello onde tiveron coñecemento de que ese pago non se ía facer. "Levamos sete meses pedindo dúas reunións co alcalde, que non atendeu, e varias reunións coas concelleiras das que non logramos sacar ningún dato máis que as dificultades polas que pasan", dicía Xosé Lois Vázquez en declaracións para o Diario Cultural Radio Galega. "decidimos que non debiamos meternos na organización desta edición se non se pagaba a anterior e sen un orzamento aprobado, por primeira vez, con tempo suficiente porque o ano pasado o rozamento que se liberou para o Outono, se liberou dez días antes da presentación do OF", engadiu Vázquez que lembrou que esa situación de "última hora" xa ocorrera no ano anterior tamén. "Pensamos que é unha cuestión de marcado cariz ideolóxico", asegura o organizador sobre a posición tomada desde o Concello de Ourense na que ve desinterese e ánimo de desmantelamento da actividade cultural non suxeita a "temas de mercado". Así a senlleira mostra de fotografía decana do país que no 2017 estivo presente en 66 espazos expositivos de toda Galicia, con 22 localidades, e 4 en Portugal ve incerteza total na súa viabilidade económica futura e pecha o obturador sinalando ao Concello como único culpable.
As concelleiras defenden ter dado opcións
Na outra rolda de prensa celebrada a continuación na Casa do Concello de Ourense as responsables políticas sinaladas defendían a súa postura e puñan sobre a mes a súa versión dos feitos. A concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, compareceu xunto á concelleira de Cultura, Belén Iglesias, para explicar polo miúdo a situación da colaboración do Concello co Outono Fotográfico condicionada segundo elas, como xa ocorrera co OUFF (tamén desaparecido da programación cultural deste ano), polo cumprimento da nova Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público. Segundo elas ata agora o Concello achegaba financiamento ao OF a través das dúas concellerías e a parte comprometida por Cultura foi aboada. Pero este ano os técnicos, seguindo as directrices da nova lei, establecen que o OF é unha actividade eminentemente cultural máis que xuvenil, aínda que os seus inicios foron impulsados desde a casa dá Xuventude, da man do lembrado Benito Losada e que a edición dese catálogo non se podía xustificar como "actividade xuvenil". As concelleiras quixeron deixar claro que desde os seus departamentos ofreceran opcións á organización do OF, nesa reunión do mes de xullo na que comunicaron que non habería unha asignación directa deses 9.000 euros, que pasaban pola concorrencia do evento en liñas de subvención de carácter competitivo, pero que foron todas rexeitadas. "Unha cousa son as subvencións por concorrencia competitiva, que hai que xustificar e ás que é preciso concorrer en igualdade de condicións; e outra moi diferentes son as asignacións directas", quixo establecer Sofía Godoy. A concelleira afirmou ter posto sobre a mesa tres diferentes opcións, dúas delas a través de liñas de subvención e outra mediante unha encomenda de xestión, cun contrato de prestación de servizos para a organización do evento, cedendo a marca ao Concello do mesmo xeito que sucede con outros certames (Pórtico do Paraíso, Enclave de Cámara, etc...). Segundo o Concello, nunha posterior reunión o día 26 de xullo a organización rexeitou estas posibilidades. A concelleira de Xuventude foi tallante ao afirmar que "A Administración non está para facer traxes a medida; a Administración está para defender os intereses xerais" e lanzou unha mensaxe para outros axentes culturais da cidade sobre as liñas que se ían seguir para o financiamento de actividades a través de procesos de subvención por concorrencia competitiva: "Esta situación darase en máis actividades, que terán que reformular a súa colaboración mantida ata agora co Concello."