
Na Coruña o Festival Noroeste Estrella Galicia tamén deu por pechado a pasada semana o seu extenso cartel para a vindeira edición. O evento organizado desde o Concello fixo os derradeiros anuncios confirmando a incorporación de The Pretenders na cabeceira xunto a Belle and Sebastian no Festival, ao que tamén se unen Temples, Viva Suecia, Maika Makovski, Mad Martin TrÃo, Esteban y Manuel, FAB ou Les Filles de Illighadad. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, destacou a "vocación integradora" dunha edición que aposta pola creación feminina. "Este ano queremos dotar ás mulleres creadoras do lugar que lle corresponde, é que moitas veces é invisibilizado. É un cartel repleto de forma maioritaria por músicas e creadoras que encabeza unha das máis recoñecidas artistas do pop europeo das últimas décadas, como é Chrissie Hynde", expuxo Ferreiro. AsÃ, durante seis dÃas entre o 7 e o 12 de agosto, máis de 80 artistas e bandas ofrecerán concertos en 14 localizacións por toda a cidade.