Novidades no eido da Historia. As obras de remodelación no convento de San Domingos de Compostela puxeron ó descuberto un mural pictórico do século XVI do que se descoñecÃa a existencia. Por outar banda, a Peña CicloturÃstica do Románico, de Pontevedra, pon en marcha a XIX edición das súas Rutas do Románico, nas cales visitan os principais monumentos da provincia neste estilo.
Descuberta histórica
As obras de restauración do tetablo de San Vicente Ferrer na igrexa de San Domingos de Bonaval en Compostela puxeron ó descuberto un mural pictórico do século XVI. O mural, que se atopaba cuberto polo retablo, ten influencias do gótico e é un dos escasos exemplos dese estilo que existen en Compostela. O descubrimento desta pintura fixo pensar na posibilidade de trasladar o retablo e deixala ó descuberto, aÃnda que finalmente voltará cubrirse despois de ser rehabilitada. Segundo o equipo de restauradores que traballa na igrexa, o maior problema para a conservacinón tanto do mural como do retablo é a auga que se filtra pola parte superior e desde o subterráneo.
Ciclismo histórico
Onte presentouse en Pontevedra a XIX edición da Rutas do Románico, organizadas pola fundación cultural do mesmo nome. A Asociación prevé realizar desde febreiro e ata xuño vintetrés saÃdas en bicicleta nos que visitarán monumentos prerrománicos, románicos, góticos e prerrenacentistas por toda a provincia de Pontevedra e o norte de Portugal. En total, os afeccionados que participen en todas as etapas realizarán 1.880 quilómetros nas fins de semana deses cinco meses. Ademais das rutas, a Fundación organizará durante todo o ano conferencias sobre a Galicia Medieval e a relación entre o Camiñó de Santiago e a arte, coa colaboración de profesores deas universidades galegas e da Pontificia de Salamanca.