Se xa nas últimas galas dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo o feminismo e a loita pola igualdade era unha reivindicación prioritaria que se deixaba sentir a través do propio deseño organizativo e cun lugar de importancia no discurso institucional do Presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Carlos Ares, agora a AGA dá un paso máis nesa mesma dirección con firmeza. A Academia Galega do Audiovisual aprobou na súa última Asemblea Xeral Ordinaria un Decálogo de Igualdade de Xénero que recolle os seus compromisos a prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres no eido do seu traballo. Entre as medidas tomadas a AGA comprométese a prestixiar as achegas femininas das profesionais do audiovisual "non deixando máis de dúas edicións sen nomear unha muller como Premio de Honra". A academia tamén se compromete no documento a deseñar protocolos axeitados para dar resposta ás situacións de acoso no eido audiovisual non alimentar o imaxinario sexista ou machista e fuxir de estereotipos e roles de xénero nos contidos que produza en calquera formato, asà como a incluÃr a perspectiva de xénero en todos os informes, estudos e análises que elaboren. A composición igualitaria de órganos de dirección, equipas de traballo e comisións tamén se contempla sempre nuns mÃnimos de 40/60. Todos estes compromisos serán obxecto de seguimento e impulso por unha Comisión de Igualdade que a Academia creará.
Decálogo de Igualdade de Xénero da Academia Galega do Audiovisual.