A RAG elixirá entre Fraguas e Carvalho Calero para o Día das letras 2019

Sermos Galiza avanza que a decisión se tomará o vindeiro 7 de xullo

Segundo avanza o xornal Sermos Galiza será o vindeiro sábado, 7 de xullo, cando o plenario da Real Academia Galega tomará a decisión sobre a quen se dedicará o Día das Letras Galegas 2019 e de todas as propostas previas a votación final só se fará entre dous deles. Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990), que nunca falta a esta votación ano tras ano, compite neste caso nos intereses dos membros da Academia co antropólogo e historiador Antón Fraguas ( (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999), unha figura algo máis afastada do contexto literario pero tampouco un perfil estraño dado outros precedentes. O xornal apunta que houbo outros nomes posibles este ano sobre a mesa que non chegaron a esta fase final de votación, como serían os da poeta Xela Arias ou o tradutor Plácido Castro. Antón Fraguas e carvalho calero xa figuraban o pasado ano entre as opcións finais da RAG, que finalmente se decantaron por María Victoria Moreno. De repetirse a liña dos pasados anos no que Carvalho Calero resultou sempre a opción rexeitada, Fraguas estatisticamente aparece como o máis probable de ambos resultados posibles na escolla dos membros da Real Academia Galega.