Iván Ferreiro pecha o cartel do IIIº Atlantic Fest

O festival da Illa de Arousa ofrece 25 actuacións en tres días

O cartel desta xeira do Atlantic Fest xa está pechado para a súa terceira edición. As primeiras confirmacións para o evento de entorno difícilmente igualable chegaban cedo e pola parte de arriba do cartel con Kaiser Chiefs, The Vaccines e Iván Ferreiro. Ademais, completando a oferta de música independente que distingue ao evento, estarán este ano na xornada central La Casa Azul, Rodrigo Amarante, Presumido, Iceage, Yung Beef, Christina Rosenvinge, Los Nastys, La Plata, Bifannah, Caxade, Eva A Xabi B, Alto Volta, Mushu. O festival da Illa de Arousa, ofrecerá de novo tres días de actuacións, o sábado, no recinto do festival e o previo e posterior en varios lugares da vila procurando facelos de tal xeito que poida asistir o maior número de xente posible. O venres a vila acollerá os concertos de Maria Arnal i Marcel Bagés, Papaya, DValentina, Jay, Soledad Vélez, Ghost Beast e Maneida. Para rematar a fin de semana na illa Esteban & Manuel e Rayotaser comporán o programa do domingo.

Por outra banda O 32º Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña anunciou esta semana tres directos singulares a realizarse no Teatro Colón e o Teatro Rosalía Castro. Neneh Cherry será a encargada de inaugurar o ciclo Selección Noroeste 2018 no Colón o martes 7 de agosto, ás 20.30 horas, coa súa moi recoñecible e particular mestura de pop, rap, r&b e música de baile. Pola súa banda, a cantautora Maria del Mar Bonet celebrará 50 anos de escenarios cunha actuación única o mércores 8 de agosto, ás 20.30 horas, sobre as táboas do Teatro Colón. Finalmente, James Holden & The Animals Spirits amosarán o seu singular estilo de electrónica, con trazas de jazz espiritual e trance folk, o mesmo mércores 8 de agosto, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro.
Ligazóns