A historia da viaxe dunha familia de pantasmas con superpoderes é o argumento de Os fantom, a obra coa que Patricia Mallo acaba de se facer co I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. A Editorial Galaxia, que convoca o galardón, facía público onte a resolución do xurado, que estivo formado por Fina Casalderrey, Blanca Ana Roig Rechou e Francisco Castro. No fallo, realizado por unanimidade, destácase que "a narración conta cun ritmo áxil que se ve reforzado polas situación divertidas que van xurdindo nunha trama onde nada é o que parece ser" e saliéntase que a obra é "unha defensa da singularidade, da identidade de cada quen e da súa aceptación".
A gañadora impúxose entre as 39 obras que se presentaron ao certame que organizan o Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia. Mallo verá publicada a súa obra por parte de Galaxia na súa colección Árbore o vindeiro outono e recibirá 1.500 euros.