Patricia Mallo gaña do I Premio Carlos Mosteiro

Os Fantom será publicado por Galaxia o vindeiro Outono

21/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Patricia Mallo. Fotografía da Editorial Galaxia.

A historia da viaxe dunha familia de pantasmas con superpoderes é o argumento de Os fantom, a obra coa que Patricia Mallo acaba de se facer co I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. A Editorial Galaxia, que convoca o galardón, facía público onte a resolución do xurado, que estivo formado por Fina Casalderrey, Blanca Ana Roig Rechou e Francisco Castro. No fallo, realizado por unanimidade, destácase que "a narración conta cun ritmo áxil que se ve reforzado polas situación divertidas que van xurdindo nunha trama onde nada é o que parece ser" e saliéntase que a obra é "unha defensa da singularidade, da identidade de cada quen e da súa aceptación".

A gañadora impúxose entre as 39 obras que se presentaron ao certame que organizan o Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia. Mallo verá publicada a súa obra por parte de Galaxia na súa colección Árbore o vindeiro outono e recibirá 1.500 euros.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Mosteiro, Patricia Mallo, Editorial Galaxia, Francisco Castro...