O Festival de Jazz de Vigo ImaxinaSons inicia a súa nova etapa baixo a dirección artÃstica dos músicos Yago Vázquez e Felipe Villar e coa presentación onte a cargo do alcalde da cidade Abel Caballero manifestando o obxectivo de "fabricar" nunha década "un certame de ámbito europeo". Asà o dixo na presentación da 14ª xeira desta iniciativa cultural que o Concello dota para esta edición con 150.000 euros. O festival, que nas anteriores etapas servÃa de xa de centro da difusión da creación jazzÃstica europea contemporánea, ofrece este ano un programa máis achegado á fonte americana do jazz. Formacións galegas como Manolo Gutiérrez TrÃo, The Alley Stompers ou Comando Radar comparten un importante cartel de actuación coas propostas de reputados artistas estadounidenses como o Kenny Garrett Quintet, Charenée Wade, Glenn Zaleski TrÃo, Kurt Rosenwinkel Caipi Band ou o espectáculo Equality de Drewes, Lee & Hirshfield no peche desta edición. O Concerto de Apertura o próximo venres, 29 de xuño, no Auditorio Municipal vén da man do británico Soweto Kinch en trÃo, saxofonista, MC e compositor multipremiado que se especializa nun estilo de marca rexistrada de jazz, rap e spoken word, a diferenza de calquera outro intérprete no mundo. O 14 ImaxinaSons contará con 19 formacións e solistas internacionais, nacionais e galegos Os espazos nos que se vai desenvolver esta edición, que tamén ten un importante número de jam sessións, son o Auditorio Municipal de Vigo, A Casa das Artes, o Conservatorio Superior de Música ou lugares ao aire como a rúa Londres ou a Praza da Princesa.