O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) renovou o seu web de xeito integral. Unha das novidades máis destacadas é a posibilidade de acceder a parte do arquivo audiovisual do CGAI en liña. "Procúrase democratizar o acceso ao patrimonio cinematográfico galego", aseguran desde a entidade. Polo de agora, o cine recuperado son oito traballos recuperados e restaurados "aos que se irán sumando máis nos próximos meses". Entre eles, hai obras do pioneiro do cine galego, José Gil, de cineastas amadores como Eligio González e documentais dos anos 20.