Xosé Tomás inicia unha serie de banda deseñada en Xerais

Está xa á venda o primeiro volume de Animalia na colección "Merlín Cómic"

Historias humorísticas dunha páxina cos animais da selva como protagonistas. Esta é a proposta que fai Xosé Tomás en Verde, o primeiro tomo da súa nova serie de banda deseñada. Animalia acaba de ver a luz no marco da colección Merlín Cómic de Edicións Xerais, e anúncianse dous novos volumes que terán como protagonistas a fauna mariña e os animais domésticos. O álbum, de 56 páxinas a toda cor está a venda a un prezo de 12 euros e é o sexto título da colección.