Música e pratos achega a música galega á gastronomía

Adegas Martín Códax promove este seminario que se desenvolve na Sala Númax

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:

Un seminario de formación para hostaleiros pretende achegar a música galega á gastronomía do país. A sala compostelá Numax acolle ao longo da mañá de hoxe, 11 de xuñom, a xornada Música e pratos que, auspiciada por adegas Martín Códax pretende "debater cos hostaleiros as posibilidades que a música galega ten como valor diferencial da súa proposta gastronómica". O músico e escritor Xurxo Souto abordará na palestra Despensa Sonora a relación e as posibles interaccións entre a música galega e gastronomía. A avogada Ania González pola súa banda abordará a problemática da propiedade intelectual da música mentres Marcos Cerqueiro co-propietario do restaurante Abastos 2.0 falará de como integra música e luz na experiencia gastronómica do seu local.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Xurxo Souto, Numax

Claves

Protagonistas
Entidades