Gol. Aventuras no mar é o tÃtulo da última novidade que Demo Editorial acaba de anunciar para este mesmo mes. O volume, realizado polo debuxante Tokio, conta cun golfiño como protagonista e quere achegar ao público máis cativo unha mensaxe ecolóxica con moito humor. O proxecto sairá coeditado coa Coordinadora para Estudo dos MamÃferos Mariños (Cemma).
Canda a esta, está a saÃr xa de imprenta O tesouro de Lucio, un volume realizado por Mikel Santos Belatz e que vé a luz en simultáneo en galego, castelán, catalán e euskera. Canda a Demo editorial, Txalaparta e Tigre de Paper corren co lanzamento do volume, que repasa a biografÃa do anarquista navarro Lucio Urtubia. Canda a isto, a editora están inmersa no proceso de crowdfunding para publicar o libro de humor gráfico Más fútvol por fabor do galego Leandro Barea.
Pola súa banda, o autor Kiko da Silva leva ao Instituto Cervantes de Múnic unha exposición na que se poderá ver unha selección de orixinais dos seus últimos traballos. Páxinas de Baixo a sombra das pedras flotantes, FIZ Curso de cómic e de Castelao, Alma galega estarán na sede desta institución na capital bávara do 14 de xuño ata o 19 de xullo. O autor impartirá no lugar unha conferencia a coincidir coa presentación do proxecto. A mostra coincide coa celebración do festival de banda deseñada local.