O Mercado Municipal de Malpica acolle entre 1 e o 3 de xuño a primeira edición da Feira do Libro de PoesÃa Paco Souto. A Asociación Cultural Caldeirón, co apoio do Concello de Malpica e da Asociación Cultural Malante, organiza este encontro que quere homenaxear o autor local falecido hai agora un ano. As librarÃas Chan da Pólvora de Compostela, Sisargas da Coruña e Miguens de Malpica instalarán os seus postos de venda, mentres o evento contará coa presenza de autores como Viki Ribadulla, Peter Kramer, Abraham Vila, Mon Lendoiro e Milagros Cotelo, RosalÃa Fernández Rial, Andrés Mourente, Eduardo Estévez, Marta Dacosta ou Xurxo Souto, que lerá o pregón do evento. Un recital de poemas de Paco Souto abrirá o evento.