Santiago celebrará a segunda edición da Semana do Libro (SELIC) do 1 ao 10 de xuño no mesmo emprazamento do ano pasado, a Praza da Quintana. Unha carpa acollerá librarÃas e parte da programación de eventos, que tamén se estenderá a outros puntos da cidade. A SELIC prestará especial atención este ano á poesÃa, con presentacións de Cara de velocidade de Marga Tojo, Tundra, de Carlos Negro, Culpables de Eli RÃos e Teresa Moure con Não tenho culpa de viver, a tradución que realizou esta autora dos poemas de Ana Brouwer, entre outros. O poeta Antonio Gamoneda, gañador do Premio Cervantes, visitará tamén a SELIC o venres 8. A cidade portuguesa de Póvoa de Varzim será a cidade convidada, contando cunha programación especÃfica ao longo de toda a semana.