Cando falta pouco máis dun mes para a entrada en vigor da Lei de Espectáculos de Galicia, en Santiago, a sección local da asociación de Músicos ao Vivo (MAV), está a librar unha batalla que aspira tamén a ter repercusión noutras localidades. O colectivo profesional, que agrupa a case que 200 formacións na capital, ten todas as actuacións canceladas desde o pasado abril en cafeterÃas, pubs e outros locais de hostalarÃa que non teñen licenza expresa como sala de concertos. A ausencia dun convenio co Concello que protexa estes eventos ante calquera denuncia por ruÃdos ou molestias fixo parar e mesmo anular concertos programados. Xunta e Concello culpáronse mutuamente desta situación colocando no contrario as responsabilidades dos permisos, cabe recordar que a Rede galega de Musica ao Vivo impulsada pola Axencia Galega de Industrias Culturais apoia espectáculos en numeroso locais sen licenza como sala de concertos. A asociación levou a cabo accións públicas de protesta e emitiu un comunicado no que solicitaban da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago o desbloqueo da situación de indefinición legal que crea a nova normativa para a música ao vivo e que por exemplo, fai acorde á normativa municipal un concerto na rúa na terraza dun local, pero ilegal que en caso de choiva o mesmo concerto pase ao interior e deba usar amplificación pola normativa autonómica. Representantes da sección Compostela de MAV e da hostalarÃa local reunÃronse onte coa concelleira de Cultura, Branca Novoneyra para tentar chegar a un acordo. Segundo recolle o xornal La Voz de Galicia os músicos fÃan a boa resolución deste proceso ás alegacións que o Concello de Santiago pretende presentar ao novo catálogo de actividades hostaleiras no que pedirán que se cree a categorÃa de bar musical. Desde a sección Compostela de MAV fan un chamamento ao resto de Concellos de Galicia para que impulsen medidas que permitan a mobilidade e homoxeneidade legal á hora de desenvolver o seu traballo dentro do territorio.