A 13ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo , que se celebrará do 4 ao 10 de xuño en Santiago de Compostela, ven de presentar o seu programa completo de proxeccións e actividades. A Sección Oficial a concurso da MICE recolle filmes realizados nos últimos dous anos e ofrece un panorama completo de traballos audiovisuais actuais feitos no campo da etnografía e da antropoloxía visual. As obras realizadas e filmadas en América Latina teñen especial peso entre os doce filmes da selección, que suman dez nacionalidades diferentes (dende Bélxica, Alemaña ou Francia a Perú, Venezuela, Arxentina ou Brasil). Catro das doce películas serán estrea en España e seis estrea en Galicia. O 50% das películas que concursan nesta sección están dirixidas por mulleres, algo que se pode extrapolar ao total da programación desta 13ª MICE do Museo do Pobo e que confirma o enfoque igualitario da Mostra. A vontade da MICE de recoller o dinamismo da cultura galega vese na relevancia no programa do cinema de Galicia, que no caso concreto da Sección Oficial inclúe tres filmes que optan ao Premio á Mellor Película Galega: Os fillos da vide, de Ana Domínguez; Palmira, de Diana Gonçalves; e Nocturno: Fantasmas de mar en puerto de Álvaro F. Pulpeiro, que ten ademais na MICE a súa estrea en Galicia. Ademais o MICE presenta tres seccións paralelas : Etnografía, muller e cinema, Trazas e Espiello.
O obradoiro A miña primeira película impartido por Alberto Vázquez (do Proxecto Educativo Espacio Rojo), para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos é a única actividade de pago. Ten un custe de 3 euros por persoa participante (sendo de balde para persoas desempregadas e socias do Museo). A 13ª MICE programou en conxunto coa Semana do Libro de Compostela (SELIC) a proxección do filme Contrafaces de Fon Cortizo. Poetas como Erin Moure, Elías Knörr, Chus Pato e escritores como Fran Alonso e Iolanda Zúñiga forman o elenco desta película que aborda o tema da identidade e da expresión poética. A exposición Camiños da Imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela "Costiña" está enmarcada dentro das actividades paralelas da 13ª MICE e pódese visitar ata o día 10 de xuño no Museo do Pobo.
O Cineclube de Compostela afianza a súa colaboración coa MICE programando Trazas. Os filmes que integran esta sección teñen como fío condutor a relación entre a ficción e o cinema etnográfico. Forman a escolma On the Bowery de Lionel Rogosin (1956), o clásico portugués Trás-os-Montes de Margarida Cordeiro e António Reis (1976), Turumba de Kidlat Tahimik (1981), Nice Coloured Girls de Tracey Moffat (1987) e Daughter Rite de Michelle Citron (1978). A sección Espiello, que leva o nome en referencia ao Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, incorpora a 13ª MICE dúas das obras galardoadas neste festival: Marquis de Wavrin, du manoir à la jungle, de Grace Winter e Luc Plantier (Bélxica, 2017) e China's 3Dreams de Nick Torrens (Australia, 2014).