O aÃnda Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, ven de presentar no seu espazo anexo a mostra de microscopios históricos Historia do microscopio a través da colección Camacho & Pallas que conta coa colaboración do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, onde unha parte das pezas se exhibiu en 2016, e dende onde itinerou ao Museo de la Evolución Humana de Burgos en 2018. Esta mostra convivirá coa que actualmente hai de Julio Verne. No caso de Vigo, a exposición inclúe unha selección de máis de trinta pezas e paneis informativos que detallan a historia do microscopio dende a súa invención. Xunto as dúas pezas emblemáticas da colección e da orixe da microscopia -o microscopio de Leeuwenhoek, construÃdo no ano 1680, e unha edición orixinal do libro Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses, publicado por Robert Hooke en 1665— reúnense na mostra diferentes exemplos e modelos de microscopios simples e compostos, que permiten coñecer a súa evolución histórica, reflexo das melloras ópticas, mecánicas e estéticas dende o século XVII ata principios do XX. A colección de microscopios Camacho & Pallas, que inclúe máis dun centenar de pezas, está recoñecida internacionalmente como a mellor existente na actualidade, tanto polo seu valor cientÃfico como histórico e cultural. Esta exhibición ocupará o vestÃbulo do espazo Anexo do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo ate o 23 de setembro por decisión do Concello vigués que actualmente dirixe o centro ao non ter ocupada a praza de dirección.