Agadic distribúe as axudas ao talento entre trece proxectos

Tres longametraxes, cinco proxectos de realización e cinco guións distribúen 145.000 euros

Un total de trece proxectos distribúen as axudas de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais facía pública hoxe a resolución desta convocatoria, que apoia os tres proxectos de longametraxes Alén mar de Andrés Sanjurjo García, 10/07 de Noveolas Producciones, e mais Aquel sol do verán de Madre Films con cadanseus 30.000 euros. Canda a estes, catro proxectos recibiron axudas de 6.000 na liña de apoio á realización de proxectos de curtametraxes. Giovana Lopalco, con Mother, Xacio Baño con Augas abisais, Andrea Girau Zapata para Un verán en Ruovesi, Noemí Chantada Puíme con Xoves de comadres e Iria Ares Campo co filme Bailaretada de amor. "De fartos e adoecidos" foron os proxectos seleccionados.

Finalmente, fixéronse con cadanseus 5.000 euros para apoiar a escrita individual de guión os proxectos Starmucks, de Andrés González Tella, Unha cornetada para Lucrecia de Araceli Gonda, O silencio herdado de Lucía Dapena, Peripheria de Jesús Rey e mais María Balteira de José Antón Cascudo. A liña de subvencións distribuíu un total de 145.000 euros nesta última convocatoria.