A Deputación Provincial de Lugo ven de presentar unha iniciativa de dinamización turística que polo de pronto estará dispoñible nos cascos históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro e que consiste nuns dispositivos autónomos individuais de escoita que inclúen recursos sonoros con voces narradoras, escenas dramatizadas, entrevistas, mapas sonoros, gravación binaural, músicas, ambientes e efectos sonoros. A primeira presentación tivo lugar onte en Mondoñedo, coa participación da Alcaldesa, Elena Candia, e os responsables do Grupo Chévere, unha compañía de teatro con 30 anos de traxectoria galardoada co Premio Nacional de Teatro e que actualmente tamén ten contratado co Centro Dramático Galego a produción do espectáculo Divinas Palabras Revolution.
O Goberno da Deputación é o principal impulsor deste proxecto cun investimento de 25.000 euros. O Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano Garcia avanzou que as audioguías contarán con outros idiomas, ademais do galego, xa que será traducida ao castelán e ao inglés, como mínimo. O roteiro de Mondoñedo coa audioguía ten unha duración duns 45 minutos e está baseado na figura de Álvaro Cunqueiro, utilizando os espazos urbanos vencellados coa súa vida e coa súa obra como fío condutor. En Ribadeo o que se propón é un paseo a través da memoria da arquitectura indiana de finais do século XIX e comezos do século XX.