Presentan o proxecto museístico do depósito de Toralla, en Vigo, mentres nace unha fundación para defender o legado romano de Lugo

O retorno de Roma

7/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, presentou onte o proxecto de musealización do depósito romano de Toralla, situado na propiedade de Mirambell. Ademais da construcción dun centro de interpretación dos restos, a intención do Concello é reconstruír algúns dos elementos recuperados. Mentres, en Lugo un grupo de cidadáns están a crear a fundación Urbis Augusti, que pretende poñer en valor os restos romanos da cidade e promover a investigación histórica. Entres os seus primeiros proxectos está a organización para este verán dunha festa histórica ambientada na época de Augusto.

Máis información sobre o depósito de Toralla no Xornal do Concello de Vigo e no noso tema sobre o depósito; sobre a fundación Urbis Augusti en El Progreso e no web da Fundación

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roma, Vigo, Lugo, El Progreso...